Pasar al contenido principal
Cargando...

Nova edición en marcha!

GenTech é un programa de sesións dixitais que busca fomentar o atractivo vocacional cara ás carreiras profesionais STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería, e Matemáticas). Os centros inscritos contarán cunha “Sesión Dixital” para achegar ao alumnado ás profesións TIC, dando a coñecer as oportunidades de empleabilidade dunhas profesións con gran demanda no mercado laboral actual e futuro.

 

A sesión GenTech crea un espazo para a conversación que conta coa participación de profesionais do sector TIC que expoñen en primeira persoa a súa experiencia dende unha perspectiva real, práctica e inspiradora…co obxectivo de espertar o xene.

¡Inscríbete agora!

Se es un centro educativo e queres organizar unha sesión GenTech, cubre o seguinte formulario de inscrición:

O prazo de inscrición remata o vindeiro 15 de febreiro 2021.

GenTech é o ciclo de actividades de Altia, como empresa adherida ao Pacto Dixital da Xunta de Galicia, para potenciar o xene tecnolóxico da xuventude. Actividade enmarcada dentro do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, Digitalent 2020, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Xunta de Galicia, un plan para reducir a fenda entre a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais e a crecente demanda destes perfís no mercado laboral. Este ciclo xira en torno a un dos tres eixos de actuación: fomentar as vocacións STEM.